• Inicio
  • Sobre a especie
  • Documentación
  • Media
  • Biblioteca
  • Contacto

Estreamos nova Web!

A partir de agora, e dunha forma mais visual e dinámica, podedes seguirnos nesta nova web.

Nova Web
O Grupo Naturalista Hábitat segue a medrar, e como parte imprescindibel desta mellora, presentámosvos a nova web que vimos de inagurar.

Nela estarán todos os contidos incluidos nesta web, que cesará a súa actualización en prol desta nova vía de comunicación, onde seguiremos informando das vindeiras iniciativas que desenvolva o grupo.
Ademais atoparedes multitude de recursos e información sobre este, e outros proxectos que levamos a cabo.
​
Compre salientar que esta nova realidade non sería posible sen a colaboración altruista do compañeiro Juanda Presa, responsable do deseño e desenvolvemento desta ferramenta, así como de moitos outros membros de Hábitat, que participaron na súa posta en marcha. Grazas unha vez máis a todos polo voso apoio, colaboración, tempo e esforzos...con vós Hábitat faise cada día máis grande.


Agardamos que vos guste e que gocedes con esta nova etapa que estamos a comezar!
Chioglossa lusitanica
Saramaganta
O Grupo Naturalista Hábitat, o GDR As Mariñas Betanzos e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (RB MCeTM), promoven a iniciativa Especie do Ano, que consiste en nomear cada ano unha especie presente na reserva para dala a coñecer e saber un pouco máis sobre ela.

Os obxectivos das Reservas da Biosfera son, entre outros, poñer en valor os territorios, fomentar o seu desenvolvemento dun xeito sustentable, e conservar os seus valores naturais. Unha das iniciativas plantexadas para esta fin na 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM) é a declaración dunha especie animal ou vexetal como "especie do ano", para afondar no seu coñecemento.
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.